viernes, 5 de diciembre de 2014

CONTÁMOSLLES CONTOS A ...

   Continua a toda máquina a actividade de apadriñamentos e neste caso foron os alumnos/as de 5º os que lles leron contos aos seus afillados, os nenos/as de 1º.
  Aproveitando o tibio sol do inverno sairon ao patio, a lerlle aos seus afillados ,os contos que con tanta ilusión prepararan dende hai varios días e o resultado foi... ter encantados aos pequenos cos contos escollidos.

martes, 18 de noviembre de 2014

QUE MEDO!

Contos de medo para os nosos afillados.
Chegou o Samaín e con el as historias máis terroríficas para os nosos afillados.

LECTURAS AO SOL

Antes de que viñese o frío e o mal tempo aproveitamos o tempo facendo as últimas lecturas ao sol cos nosos afillados.
Nesta ocasión, inventamos nós as historias. Contos cheos de sentimentos e sensacións onde os protagonistas eran as verduras da nosa horta. 
Lemos, cantamos e xogamos ata que veunos a risa xogando cos monicreques de verduras que fixemos.
Dende logo esta actividade é máxica.


jueves, 13 de noviembre de 2014

OS PRIMIEROS CONTISTAS

Hoxe, na Hora de ler, Álex, Antía, Olaia e Tania contaron aos máis pequenos Pomelo al otro lado del huerto.
Prepararon a sesión con moito agarimo: música, imaxes, debuxos... e mesmo un agasallo para todos os asistentes.
Moitas gracias por animarvos. Sodes estupendos!

Comezaron nerviosos... pero fixérono estupendamente!

viernes, 17 de octubre de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR 6º

Xa comezamos a ler de novo xuntiños.
Este ano volvemos ser os padriños lectores dos memos nenos e nenas que o ano pasado. A clase de 5 anos.
Xuntos imos compartir historias, ilustracións e moitísimos momentos cheos de ilusión.
Abofé que ímolo pasar fenomenal !

martes, 18 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

XA SOMOS PADRIÑOS LECTORES

Os nen@s de 5º de primaria convertémosnos en padriños e madriñas lectoras dos nen@s de 5º de infantil, con mor do día da Paz.
Para celebrar un día tan especial, decidimos contarlles a cada un deles un conto da paz.
Premede na imaxe para ver as fotos dese momento tan especial.


jueves, 6 de febrero de 2014

Taller de fotografía


TALLER DE FOTOGRAFÍA

Os nenos e nenas de 3º e 5º fixemos un taller de fotografía no primeiro trimestre. Se premedes na imaxen descubriredes a creatividade que hai no noso cole.



 Chicos,  sodes uns artistas !

Continuaremos practicando no segundo trimestre.

Graduación Sexto. 2023

 Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...