miércoles, 21 de septiembre de 2022

Traballando no patio

 Ola familias!

    Xa comezamos un novo curso, somos os maiores de 6º.  Este ano académico temos como tema de centro: O noso lugar no mundo. Ademais, nós seguimos traballando co proxecto do curso pasado: Descubrindo os nosos tesouros, a través do cal estamos facendo investigacións sobre a nosa contorna.

    En ciencias naturais empezamos cun pequeno proxecto sobre os bechos cos que convivimos a diario dentro das nosas casas pero tamén fóra, no xardín, no patio do cole... Consecuentemente, hoxe estivemos analizando un metro cadrado do patio; deste xeito non só observamos a natureza, senón que tamén aplicamos as matemáticas. 


Enlace ao vídeo de 6º A.

viernes, 15 de julio de 2022

Entrevista con Óscar

     Este curso estivemos traballando a entrevista, as preguntas, a reflexión, a deducción, as habilidades sociais e a investigación no medio. Nese proceso de pescuda, atopámonos na aula cun niño de avespa velutina que trouxo ao centro Jose, da Comunidade de Montes. A partir de aí, produciuse toda unha investigación sobre as avespas asiáticas, observamos o niño co microscopio, medímolo, vimos como era a súa estrutura... pero tamén falamos de que era iso da Comunidade de Montes.  Buscamos en internet e atopamos algunha información pero... non nos aclaraba moito. Entón, Óscar, o pai de Antía de 6º, ofreceuse a vir darnos unha charla ao respecto. Os nenos/as  prepararan  unha entrevista. Os portavoces dos equipos enunciaron a pregunta e os secretarios/as tomaron notas. 

    Moitas grazas a Óscar pola súa colaboración. Aquí vos deixamos cun vídeo con imaxes da entrevista.

Clica neste enlace.


martes, 28 de junio de 2022

GUNDEMARO, unha mestura de trivial e oca, regalo oficial de Gondomar. La Voz de Galicia

 

    Este curso, as titoras de 5º e 6º estivemos traballando sobre Gondomar e as súas parroquias. Xunto cos nenos/as creamos uns xogos: Gundemaro, elaborados como remate final do traballo de investigación social e natural realizado ao longo do curso. 


Gundemaro, una mezcla de trivial y oca, regalo oficial de Gondomar. La Voz de Galicia


Clica no enlace ou na fotografía para ler o artigo de prensa.



jueves, 9 de junio de 2022

Aula Creativa

Este curso, no noso proxecto sobre Gondomar, estivemos creando un xogo, para dar a coñecer aos demais cousiñas que aprendemos. Neste proceso tivemos que traballar a comprensión lectora a base de tratar de comprender as instruccións de distintos xogos, o cal, en ocasións, foi unha verdadeira tolería: Non había que entendese como xogar!!!! Nese punto temos claro que as instruccións do noso xogo han de ser claras e sinxelas. Ademais, aprendemos, exercitamos a mente (lóxica, razoamento...), relacionámonos respectuosamente e pasámolo moi ben.

5º curso
 

6º curso

Traballando nos obradoiros

 Ao longo do curso fixemos distintos obradoiros, uns cos nenos/as de 5º e outros cos de 6º, fundamentados na observación, manipulación, análise, documentación e, como non, diversión. Premede na imaxe para ter unha visión xeral do que fixemos...



viernes, 13 de mayo de 2022

Actuación do Coro do Terceiro Ciclo do CEIP SERRA VINCIOS. Letras Galegas 2021-22

    Os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos aprendendo cousiñas da nosa parroquia. Un día vimos, en youtube, unha actuación do Coro Cantares de Brión na que Pablo Rial, o seu director, introducía un anaquiño da lenda que dá nome ao mesmo. Gustounos a idea e quixemos facerlles, ao noso xeito, unha pequena homenaxe ao coro recreando a posta en escena da lenda. Por iso, na nosa actuación, en primeiro lugar, fixemos unha pequena interpretación da lenda da Garza e o Brión e, de seguido, os nenos/as cantaron a coro unha canción do Coro Cantares de Brión, concretamente “Non vou” de Esther Lage.

     A continuación, recollemos a actuación do coro en pleno festival (nesta gravación non aparece a interpretación da lenda) e as actuacións que fixemos na aula. Esperemos que vos gusten.

Premede na imaxe.
 

Unha vez terminou o festival, xa antes de marchar, na aula de música quixemos gravar a lenda para que se escoitase mellor e a nosa actuación como despedida as nosas andainas como coro. 

Premede nos enlaces.

viernes, 22 de abril de 2022

Entrevista a Pablo Rial, director do coro Cantares do Brión

Todo comezou cunha lenda... dun moucho e unha garza...

E iso levou aos nenos e nenas de 5º e 6º , na súa investigación, ata o coro de música tradicional galega: Cantares do Brión.

Nese punto, para traballar as competencias lingüísticas e socioculturais, decidimos elaborar unha entrevista para recabar máis información sobre o coro, dado que dúas alumnas comentaron que tiñan un familiar que pertencía ao mesmo. De aí que invitasemos onte a Pablo Rial, director do coro, a asistir ao centro para ser entrevistado polos nenos/as.

O noso agradecemento a Pablo por achegarnos á música tradicional galega e adicarnos o seu tempo.

Premede na fotografía.

CORO CANTARES DO BRIÓN



viernes, 28 de enero de 2022

Feliz día da Paz! 30 de Xaneiro

     Hoxe venres celebramos o Día da Paz coa temática do conto A mellor sopa do mundo.

Clica na imaxe, nós fixemos a nosa propia sopa.





Graduación Sexto. 2023

 Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...