domingo, 25 de abril de 2021
viernes, 23 de abril de 2021
lunes, 19 de abril de 2021
A debate: Que opinas do metaverso?
Hoxe estivemos aprendendo a debater.
Que opinades sobre os universos paralelos? Substituirá o mundo virtual ao mundo real? Que implicacións ten a creación de mundos infinitos interconectados e virtuais?
A conversa e a oratoria son habilidades fundamentais e teñen que entrar nas aulas; de xeito que, o alumnado aprenda estratexias de conversa e aprenda a opinar de xeito respectuoso e sen impoñer o seu punto de vista, prestando atención ás ideas dos demais e abrindo as súas mentes ás diferentes perspectivas.
Animámosvos a debater sobre este tema nas casas? Que opinades vós da posible creación de universos paralelos. Aquí vos deixamos o link ao artigo que abriu o noso debate, clica aquí:
domingo, 11 de abril de 2021
Electricidade e magnetismo
Desde o Sincrotrón Alba propuxéronnos a misión de pescudar que pasa cando achegamos un imán a un circuíto eléctrico polo que está circulando a corrente. Descubrimos moitas cousas, unha delas é que a Terra forma un gran imán que ten o seu polo Sur magnético no Norte do planeta. O Norte da brúxula diríxese ao polo Sur magnético, xa que distinto signo se atrae. Tamén observamos como un imán desvía a agulla da brúxula e como podemos cargar negativamente un globo para que atraia papeis ou o noso pelo. As cargas que sempre están en movemento son os electróns.
As aulas de 5º e 6º participamos na Misión Alba, un proxecto do sincrotrón Alba. Consideramos que é fundamental potenciar o pensamento científico e dar a coñecer institucións nese eido e profesionais que traballen no mesmo; incidindo na perspectiva de igualdade de xénero.
sábado, 10 de abril de 2021
Aprendizaxe cooperativa: CA/ AC
O ser humano é un ser social por natureza. O traballo cooperativo é fundamental no noso día a día. O alumnado aprende a expresar os seus puntos de vista de xeito respectuoso, poténciase unha maior apertura de pensamento a través da confrontación de ideas, refórzase a aprendizaxe, estimúlase a aprendizaxe significativa real, mellórase a autoestima e o esforzo persoal, realízanse dinámicas de coñecemento mutuo reforzando os lazos entre o noso alumnado e favorecendo unha maior e mellor convivencia. Estes son algúns dos múltiples puntos a favor de traballar de xeito cooperativo, onde todos os nenos/as son co-responsables da súa propia aprendizaxe.
No centro lévase a cabo un itinerario desde 3 anos ata 6º de E. Primaria no relativo á aprendizaxe cooperativa, realizando dinámicas, estruturas e abrindo os cadernos de equipo; de forma que dentro de cada un dos equipos, os seus integrantes efectúan distintas funcións de xeito rotativo.
Fomento do espírito emprendedor
Unha das competencias clave é a relacionada co espírito e a iniciativa emprendedora. No noso centro tratamos de potenciala a partir dunha experiencia real; neste caso, a creación dunha cooperativa escolar con fins sociais e educativos. Este programa pertence á Deputación de Pontevedra: Depoemprende na escola, e está apoiado pola Consellería de Educación.
O noso alumnado decidiu crear un blogue para promocionar a súa pequena empresa: Coopevincios.
Estimulando o pensamento científico
Nas nosas aulas entra a ciencia e a experimentación, estimúlase a investigación e o pensamento científico, baseando a nosa actividade na estimulación de preguntas sobre o mundo que nos rodea, sen dar nada por sentado.
Neste senso, consideramos fundamental participar e abrir as nosas portas a todas aquelas actividades científicas que se leven a cabo na nosa contorna, este é o caso de GALICIENCIA, a maior feira científica de Galicia.
Graduación Sexto. 2023
Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...

-
Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...
-
Todo comezou cunha lenda... dun moucho e unha garza... E iso levou aos nenos e nenas de 5º e 6º , na súa investigación, ata o coro de música...
-
Los niños y niñas de 6º de primaria hicieron los siguientes inventos imaginarios con tips de colores. ...