O venres, día 23 de maio, o grupo de 6º de primaria realizamos unha saída ao Monte Galiñeiro para coñecer de onde vén a auga que usamos a diario no colexio.
Visitamos unha zona de captacións dos mananciais, rutas por onde van as tubaxes ata chegar ao depósito e posterior cloración.
Tamén aproveitamos para observar o gando que está no monte e se ocupa de manter algunhas zonas limpas de maleza.
Imos darlle as grazas a Jose pola súa colaboración!