martes, 28 de junio de 2022

GUNDEMARO, unha mestura de trivial e oca, regalo oficial de Gondomar. La Voz de Galicia

 

    Este curso, as titoras de 5º e 6º estivemos traballando sobre Gondomar e as súas parroquias. Xunto cos nenos/as creamos uns xogos: Gundemaro, elaborados como remate final do traballo de investigación social e natural realizado ao longo do curso. 


Gundemaro, una mezcla de trivial y oca, regalo oficial de Gondomar. La Voz de Galicia


Clica no enlace ou na fotografía para ler o artigo de prensa.



jueves, 9 de junio de 2022

Aula Creativa

Este curso, no noso proxecto sobre Gondomar, estivemos creando un xogo, para dar a coñecer aos demais cousiñas que aprendemos. Neste proceso tivemos que traballar a comprensión lectora a base de tratar de comprender as instruccións de distintos xogos, o cal, en ocasións, foi unha verdadeira tolería: Non había que entendese como xogar!!!! Nese punto temos claro que as instruccións do noso xogo han de ser claras e sinxelas. Ademais, aprendemos, exercitamos a mente (lóxica, razoamento...), relacionámonos respectuosamente e pasámolo moi ben.

5º curso
 

6º curso

Traballando nos obradoiros

 Ao longo do curso fixemos distintos obradoiros, uns cos nenos/as de 5º e outros cos de 6º, fundamentados na observación, manipulación, análise, documentación e, como non, diversión. Premede na imaxe para ter unha visión xeral do que fixemos...



EXCURSIÓN AO MONTE GALIÑEIRO

     O venres, día 23 de maio, o grupo de 6º de primaria realizamos unha saída ao Monte Galiñeiro para coñecer de onde vén a auga que usamo...