jueves, 29 de junio de 2023

Graduación Sexto. 2023

 Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e desafíos que teredes por diante e que sabemos que os resolveredes sen problema. 

Moita sorte e xa sabedes que no CEIP Serra Vincios sempre teredes un segundo fogar!!



miércoles, 28 de junio de 2023

SAÍDA AO MONTE GALIÑEIRO

 Ola a tod@s! 

O pasado 21 de xuño e como punto final desta etapa, desfrutamos dun día de natureza e amizade. Deixámosvos unha pequena mostra dese día.

Un saúdo 


As titoras 

Catalina e Andreia


miércoles, 21 de septiembre de 2022

Traballando no patio

 Ola familias!

    Xa comezamos un novo curso, somos os maiores de 6º.  Este ano académico temos como tema de centro: O noso lugar no mundo. Ademais, nós seguimos traballando co proxecto do curso pasado: Descubrindo os nosos tesouros, a través do cal estamos facendo investigacións sobre a nosa contorna.

    En ciencias naturais empezamos cun pequeno proxecto sobre os bechos cos que convivimos a diario dentro das nosas casas pero tamén fóra, no xardín, no patio do cole... Consecuentemente, hoxe estivemos analizando un metro cadrado do patio; deste xeito non só observamos a natureza, senón que tamén aplicamos as matemáticas. 


Enlace ao vídeo de 6º A.

viernes, 15 de julio de 2022

Entrevista con Óscar

     Este curso estivemos traballando a entrevista, as preguntas, a reflexión, a deducción, as habilidades sociais e a investigación no medio. Nese proceso de pescuda, atopámonos na aula cun niño de avespa velutina que trouxo ao centro Jose, da Comunidade de Montes. A partir de aí, produciuse toda unha investigación sobre as avespas asiáticas, observamos o niño co microscopio, medímolo, vimos como era a súa estrutura... pero tamén falamos de que era iso da Comunidade de Montes.  Buscamos en internet e atopamos algunha información pero... non nos aclaraba moito. Entón, Óscar, o pai de Antía de 6º, ofreceuse a vir darnos unha charla ao respecto. Os nenos/as  prepararan  unha entrevista. Os portavoces dos equipos enunciaron a pregunta e os secretarios/as tomaron notas. 

    Moitas grazas a Óscar pola súa colaboración. Aquí vos deixamos cun vídeo con imaxes da entrevista.

Clica neste enlace.


martes, 28 de junio de 2022

GUNDEMARO, unha mestura de trivial e oca, regalo oficial de Gondomar. La Voz de Galicia

 

    Este curso, as titoras de 5º e 6º estivemos traballando sobre Gondomar e as súas parroquias. Xunto cos nenos/as creamos uns xogos: Gundemaro, elaborados como remate final do traballo de investigación social e natural realizado ao longo do curso. 


Gundemaro, una mezcla de trivial y oca, regalo oficial de Gondomar. La Voz de Galicia


Clica no enlace ou na fotografía para ler o artigo de prensa.



jueves, 9 de junio de 2022

Aula Creativa

Este curso, no noso proxecto sobre Gondomar, estivemos creando un xogo, para dar a coñecer aos demais cousiñas que aprendemos. Neste proceso tivemos que traballar a comprensión lectora a base de tratar de comprender as instruccións de distintos xogos, o cal, en ocasións, foi unha verdadeira tolería: Non había que entendese como xogar!!!! Nese punto temos claro que as instruccións do noso xogo han de ser claras e sinxelas. Ademais, aprendemos, exercitamos a mente (lóxica, razoamento...), relacionámonos respectuosamente e pasámolo moi ben.

5º curso
 

6º curso

Graduación Sexto. 2023

 Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...