lunes, 5 de julio de 2021

A cooperativa Coopevincios doa 700 euros ao Banco de Alimentos de Gondomar

 Hoxe, 5 de xullo, produciuse o acto de entrega dos produtos doados ao Banco de Alimentos municipal de Gondomar por un valor de 700 euros. Algúns representantes da cooperativa Coopevincios acudiron esta mañá ao banco de alimentos para coñecer onde se xestiona este servizo e ser conscientes da importancia da labor que se realiza.

O alcalde Paco Ferreira e as concelleiras, Nuria Lameiro e Rocío Goberna, agradeceron esta doazón dos nenos/as de Coopevincios, cooperativa creada baixo o programa da Deputación de Pontevedra, Depoemprende na escola.


Link a Valmiñortv

jueves, 20 de mayo de 2021

Coopevincios saca o seu catálogo de produtos

 


Clica na imaxe para ver o catálogo.
Ademais deste catálogo temos un catálogo específico dos cadros dos nosos pintores e das nosas pintoras, que iremos actualizando a medida que os vaian terminando.
 Son todos uns artistas!!!!!
No seguinte enlace tedes unha folla de pedido e o noso mail por se queredes facer algún encargo.

Folla de pedidos

mail  de Coopevincios:  cooperativavincios@gmail.com

Catálogo de cadros





lunes, 19 de abril de 2021

A debate: Que opinas do metaverso?

Hoxe estivemos aprendendo a debater. 

Que opinades sobre os universos paralelos? Substituirá o mundo virtual ao mundo real? Que implicacións ten a creación de mundos infinitos interconectados e virtuais?

A conversa e a oratoria son habilidades fundamentais e teñen que entrar nas aulas; de xeito que, o alumnado aprenda estratexias de conversa e aprenda a opinar de xeito respectuoso e sen impoñer o seu punto de vista, prestando atención ás ideas dos demais e abrindo as súas mentes ás diferentes perspectivas.

Animámosvos a debater sobre este tema nas casas? Que opinades vós da posible creación de universos paralelos. Aquí vos deixamos o link ao artigo que abriu o noso debate, clica aquí:

Universos paralelos

domingo, 11 de abril de 2021

Electricidade e magnetismo

    Desde o Sincrotrón Alba propuxéronnos a misión de pescudar que pasa cando achegamos un imán a un circuíto eléctrico polo  que está circulando a corrente. Descubrimos moitas cousas, unha delas é que a Terra forma un gran imán que ten o seu polo Sur magnético no Norte do planeta. O Norte da brúxula diríxese ao polo Sur magnético, xa que distinto signo se atrae. Tamén observamos como un imán desvía a agulla da brúxula e como podemos cargar negativamente un globo para que atraia papeis ou o noso pelo. As cargas que sempre están en movemento son os electróns.  

    As aulas de 5º e 6º participamos na Misión Alba, un proxecto do sincrotrón Alba. Consideramos que é fundamental potenciar o pensamento científico e dar a coñecer institucións nese eido e profesionais que traballen no mesmo; incidindo na perspectiva de igualdade de xénero.





sábado, 10 de abril de 2021

Aprendizaxe cooperativa: CA/ AC

    O ser humano é un ser social por natureza. O traballo cooperativo é fundamental no noso día a día. O alumnado aprende a expresar os seus puntos de vista de xeito respectuoso, poténciase unha maior apertura de pensamento a través da confrontación de ideas, refórzase a aprendizaxe, estimúlase  a aprendizaxe significativa real, mellórase a autoestima e o esforzo persoal, realízanse dinámicas de coñecemento mutuo reforzando os lazos entre o noso alumnado e favorecendo unha maior e mellor convivencia. Estes son algúns dos múltiples puntos a favor de traballar de xeito cooperativo, onde todos os nenos/as son co-responsables da súa propia aprendizaxe.

    No centro lévase a cabo un itinerario desde 3 anos ata 6º de E. Primaria no relativo á aprendizaxe cooperativa, realizando dinámicas, estruturas e abrindo os cadernos de equipo; de forma que dentro de cada un dos equipos, os seus integrantes efectúan distintas funcións de xeito rotativo.



Lemas a prol dos dereitos da muller realizados en cooperativo polas clases de 5º e 6º de E.P. Bolboretas efectuadas por toda a escola. Aprendizaxe cooperativa e creatividade.


A cooperativa Coopevincios doa 700 euros ao Banco de Alimentos de Gondomar

 Hoxe, 5 de xullo, produciuse o acto de entrega dos produtos doados ao Banco de Alimentos municipal de Gondomar por un valor de 700 euros. A...