Así que nos puxemos mans á obra, investigando sobre que é iso das emocións.
Investigando, descubrimos que hai moitos tipos de emocións, que se reflexan no noso corpo de moi diferentes maneiras, e que hai moitas cousas que nos emocionan .
Despois, decidimos ensinarlle os nosos descubrimentos ao resto do cole, e darlle formato concurso, 1, 2, 3, EMOCIÓNATE OUTRA VEZ! especial NADAL, con azafatas, tacañonas e ruperta. Sóavos?.
Esperamos que si, así que, por 10 corazóns cada resposta, os concursantes deberon contestar as seguintes preguntas:
- Que tipos de emocións coñecedes?
- Como reacciona o noso corpo ante as emocións?
- Que cousas ou situacións nos producen Alegría?
1, 2, 3 emociónate outra vez!
No hay comentarios:
Publicar un comentario