Os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos aprendendo cousiñas da nosa parroquia. Un día vimos, en youtube, unha actuación do Coro Cantares de Brión na que Pablo Rial, o seu director, introducía un anaquiño da lenda que dá nome ao mesmo. Gustounos a idea e quixemos facerlles, ao noso xeito, unha pequena homenaxe ao coro recreando a posta en escena da lenda. Por iso, na nosa actuación, en primeiro lugar, fixemos unha pequena interpretación da lenda da Garza e o Brión e, de seguido, os nenos/as cantaron a coro unha canción do Coro Cantares de Brión, concretamente “Non vou” de Esther Lage.
A continuación, recollemos a actuación do coro en pleno festival (nesta gravación non aparece a interpretación da lenda) e as actuacións que fixemos na aula.
Esperemos que vos gusten.
Unha vez terminou o festival, xa antes de marchar, na aula de música quixemos gravar a lenda para que se escoitase mellor e a nosa actuación como despedida as nosas andainas como coro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario