Este curso, no noso proxecto sobre Gondomar, estivemos creando un xogo, para dar a coñecer aos demais cousiñas que aprendemos.
Neste proceso tivemos que traballar a comprensión lectora a base de tratar de comprender as instruccións de distintos xogos, o cal, en ocasións, foi unha verdadeira tolería: Non había que entendese como xogar!!!! Nese punto temos claro que as instruccións do noso xogo han de ser claras e sinxelas.
Ademais, aprendemos, exercitamos a mente (lóxica, razoamento...), relacionámonos respectuosamente e pasámolo moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario