Aquí deixámosvos o vídeo do acto. A presentación da nosa cooperativa está a partir da 1:30 min. Esperemos que vos guste! Que nervios! Que ben o fixeron! Fantástico traballo!
jueves, 5 de diciembre de 2019
miércoles, 20 de noviembre de 2019
martes, 19 de noviembre de 2019
Directiva da empresa
Das votacións do 11 de novembro naceu a directiva de Coopevincios.
De esquerda a dereita, Uxía é a voceira de Coopevincios; Andrea é a secretaria; Martín, o presidente; Paula, a vicepresidenta e Roi, o interventor.
Noraboa a todos e todas!
De esquerda a dereita, Uxía é a voceira de Coopevincios; Andrea é a secretaria; Martín, o presidente; Paula, a vicepresidenta e Roi, o interventor.
Noraboa a todos e todas!
Coopevincios vota
A nosa cooperativa xa ten nome. En cada clase fixemos unha preselección de nomes. A través de folio xiratorio ou choiva de ideas recollemos todas as propostas. Pero... claro, 39 propostas para discutir na asemblea, son demasiadas. Consecuentemente, aplicamos o criterio que se establecera previamente: o nome ten que definir a nosa escola ou a nosa orixe.
Dese modo, na nosa segunda Asemblea, votando a man alzada, decidimos que a nosa cooperativa tivese como nome a unión de cooperativa e de Vincios, a nosa parroquia. Nace así Coopevincios.
E como toda empresa, precisamos un logo e unha directiva. Os aspirantes a formar parte da directiva tiveron que presentar o seu currículo, o cal tería que recoller que calidades tiñan para desempeñar esa función na empresa.
As titoras valoraron os currículos e os que posuían os requisitos para o cargo (e presentaran o currículo) aparecían nas papeletas. Días antes puidemos ver quen optaba a cada cargo. Publicouse o censo electoral e, de cada aula, nomeouse un membro e un suplente para a mesa electoral. Os membros da mesa foron seleccionados do seguinte xeito. Colleuse un número dunha caixa e a persoa que tivese ese número de clase participaría na mesa. En 6º foi Hugo Yugueros o encargado da mesa e en 5º Kira. Daniel fixo a función de interventor o día das votacións, asegurándose de que todo funcionaba correctamente e encargándose de ir avisando aos votantes para que houbese orde e seriedade no proceso.
Na mesa electoral estaban as papeletas para votar á directiva, pero tamén para escoller un logo de entre os preseleccionados. Os convocados ás urnas collían unha papeleta de cada e, nunha cabina habilitada a tal efecto, marcaban as súas eleccións, de modo secreto.
Despois, procedían a votar, presentando o documento identificativo (carnet da biblioteca). Os membros da mesa comprobaban a súa identidade, tachábanos da lista e procedían a anotar o número de identificación.
Ao final as votacións, procederon ao escrutinio.
As primeiras papeletas que se introduciron nas urnas foron as dos votos por correo, en sobre pechado, que se fixeron o venres; xa que había alumnos/as que o día das votacións non ían estar.
Iniciativa emprendedora. Creamos unha cooperativa
Empezamos un novo curso e nestes dous meses de andaina comezamos un proxecto moi interesante, emocionante e do que estamos aprendendo unha morea de cousas.
Todo empezou cunha convocatoria, a de Depoemprende na escola.
Unha sorpresa, iamos crear unha cooperativa.
E unha realidade, cooperativa creada.
Estamos ilusionadísimos/as. Tivemos a nosa primeira Asemblea Xeral. Buff, cantas cousas por decidir!
Cunha guía inicial, acordamos traer ideas para o nome da cooperativa e deseños para un logo. A través dunha votación a man alzada, despois de escoitar varias propostas cos seus razoamentos xustificados, acordamos, case por unanimidade, que o capital social co que iamos crear a nosa empresa sería de seis euros. Ese día, nesa Asemblea, as nenas e nenos de 5º e 6º constituímos a nosa cooperativa.
Pero, claro, que é unha cooperativa. Pois unha asociación na que nos agrupamos voluntariamente, da que todos e todas somos propietarios e na que as decisións se toman de modo democrático. O obxectivo: aprender a xestionar unha empresa, con todo o que iso implica a nivel organizativo, económico, social...
A motivación: solidariedade. A final de curso, en maio, realizaremos un mercado solidario, no cal venderemos os produtos creados na nosa cooperativa. Un 75% desa recadación será destinado a unha asociación ou ONG.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Graduación Sexto. 2023
Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...
-
Los niños y niñas de 6º de primaria hicieron los siguientes inventos imaginarios con tips de colores. ...
-
Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...
-
Todo comezou cunha lenda... dun moucho e unha garza... E iso levou aos nenos e nenas de 5º e 6º , na súa investigación, ata o coro de música...