martes, 19 de noviembre de 2019

Coopevincios vota

A nosa cooperativa xa ten nome. En cada clase fixemos  unha preselección de nomes. A través de folio xiratorio ou choiva de ideas recollemos todas as propostas. Pero... claro, 39 propostas para discutir na asemblea, son demasiadas. Consecuentemente, aplicamos o criterio que se establecera previamente: o nome ten que definir a nosa escola ou a nosa orixe. 

Dese modo, na nosa segunda Asemblea, votando a man alzada, decidimos que a nosa cooperativa tivese como nome a unión de cooperativa e de Vincios, a nosa parroquia. Nace así Coopevincios.

E como toda empresa, precisamos un logo e unha directiva. Os aspirantes a formar parte da directiva tiveron que presentar o seu currículo, o cal tería que recoller que calidades tiñan para desempeñar esa función na empresa. 

As titoras valoraron os currículos e os que posuían os requisitos para o cargo (e presentaran o currículo) aparecían nas papeletas. Días antes puidemos ver quen optaba a cada cargo. Publicouse o censo electoral e, de cada aula, nomeouse un membro e un suplente para a mesa electoral. Os membros da mesa foron seleccionados do seguinte xeito. Colleuse un número dunha caixa e a persoa que tivese ese número de clase participaría na mesa. En 6º foi Hugo Yugueros o encargado da mesa e en 5º Kira. Daniel fixo a función de interventor o día das votacións, asegurándose de que todo funcionaba correctamente e encargándose de ir avisando aos votantes para que houbese orde e seriedade no proceso.

Na mesa electoral estaban as papeletas para votar á directiva, pero tamén para escoller un logo de entre os preseleccionados. Os convocados ás urnas collían unha papeleta de cada e, nunha cabina habilitada a tal efecto, marcaban as súas eleccións, de modo secreto. 
Despois, procedían a votar, presentando o documento identificativo (carnet da biblioteca). Os membros da mesa comprobaban a súa identidade, tachábanos da lista e procedían a anotar o número de identificación.
Ao final as votacións, procederon ao escrutinio.
As primeiras papeletas que se introduciron nas urnas foron as dos votos por correo, en sobre pechado, que se fixeron o venres; xa que había alumnos/as que o día das votacións non ían estar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Graduación Sexto. 2023

 Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...