martes, 19 de noviembre de 2019

Iniciativa emprendedora. Creamos unha cooperativa

Empezamos un novo curso e nestes dous meses de andaina comezamos un proxecto moi interesante, emocionante e do que estamos aprendendo unha morea de cousas.
Todo empezou cunha convocatoria, a de Depoemprende na escola.
Unha sorpresa, iamos crear unha cooperativa.
E unha realidade, cooperativa creada.

Estamos ilusionadísimos/as. Tivemos a nosa primeira Asemblea Xeral. Buff, cantas cousas por decidir!

Cunha guía inicial, acordamos traer ideas para o nome da cooperativa e deseños para un logo. A  través dunha votación a man alzada, despois de escoitar varias propostas cos seus razoamentos xustificados, acordamos, case por unanimidade, que o capital social co que iamos crear a nosa empresa sería de seis euros. Ese día, nesa Asemblea, as nenas e nenos de 5º e 6º constituímos a nosa cooperativa.

Pero, claro, que é unha cooperativa. Pois unha asociación na que nos agrupamos voluntariamente, da que todos e todas somos propietarios e na que as decisións se toman de modo democrático. O obxectivo: aprender a xestionar unha empresa, con todo o que iso implica a nivel organizativo, económico, social... 
A motivación: solidariedade. A final de curso, en maio, realizaremos un mercado solidario, no cal venderemos os produtos creados na nosa cooperativa. Un 75% desa recadación será destinado a unha asociación ou ONG. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Graduación Sexto. 2023

 Queremos compartir con todos e todas, este momento tan especial, no que remata unha etapa, e damos paso a unha nova, con todos os retos e d...